A RELATIVIDADE RESTRINXIDA             EINSTEIN (1905)     Antes de ver algo sobre a Teoría da Relatividade de Albert Einstein, lembremos tres cousas da Relatividade clásica ou de Galileo: 1) as leis da Mecánica son iguais para todos os sistemas de referencia inercial (SRI), 2) que o movemento sexa relativo leva a que as velocidades que presenta un móbil, con respecto a dous SR diferentes, están relacionadas mediante unha simple operación de suma (de vectores) e 3) o tempo e o espazo, tal como parece decirnos a nosa intuición, son absolutos e non dependen de se estamos detidos ou en movemento.    Imos ver que pasa na nova e sorprendente relatividade de Einstein, que vai máis alá da nosa escala de velocidades; pero, antes, vexamos algunhas ‘novidades’ que xurdiron ao final do s. XIX, e que nos obrigaron a revisar os nosos conceptos máis intuitivos, e cambialos para certas escalas.    1) A mediados do s. XIX, o escocés J. C. Maxwell conseguíu explicar, de forma unificada (con 4 ecuacións básicas) todos os fenómenos relacionados coa electricidade e o magnetismo; foi o que se coñece, desde entón, como o electromagnetismo. Esa teoría ía moito máis alá e incluía, tamén, á óptica, pois, explicaba a natureza da luz, deixando claro que era un tipo de onda (electromagnética, OEM) e predecía a existencia doutros tipos de OEM (de radio, microondas, UV, IV,...). E, aquí, o que nos interesa: permitía calcular a velocidade teoríca que deberían ter todas esas ondas no baleiro: case os 300.000 km/s e, ademáis, era un ‘’valor único’, absoluto, que non dependía de ningún sistema de referencia.    2) Un experimento, hoxe famoso na historia da Física, reali- zado, inicialmente, por Michelson e Morley, parecía demostrar que a velocidade da luz non se comportaba como as veloci- dades doutras ondas, como as mecánicas (o son, as do mar,..) ou doutros corpos materiais: isto é, non se ‘sumaban’ (nin vectorial, nin numericamente), confirmando a idea que se desprendía da nova teoría electromagnética. Para afondar no experimento de Michelson-Morley podes usar un buscador en Internet, mais o esquema básico é o do debuxo da dereita: un bloque cadrado, moi pesado, sobre mercurio líquido, que actúa como un amortecedor. Sobre ese bloque: unha fonte de luz, un detector e varios espellos, de forma que o feixe de luz inicial se divide e se fai viaxar por diferentes camiños (a e b no debuxo), ata atoparse de novo no detector.   PARA CONTINUAR     PULSA    AQUÍ