A MULLER NA HISTORIA DA FÍSICA E DA QUÍMICA (III)  ANNIE J. CANNON (1863-1941)    Unha das mellores especialistas na clasificación de estrelas atendendo aos seus espectros. Cannon foi quen ultimou a clasificación das estrelsa en clases espectrais en relación coa temperatura efectiva das mesmas.       Comprobarías que a inmensa maioría dos nomes propios que se citan na historia da ciencia corresponden a homes. Efectivamente, a marxinación que padeceu a muller ao longo da historia viuse agravada, aínda máis no caso da ciencia, debido a múltiples factores sociais (primitiva división social do traballo e relegamento ás tarefas caseiras e do campo, etc).     Incluso, na meirande parte dos países, ata ben entrada a segunda metade do s. XIX, se vetou o accso das mulleres á universidade. Malia esa marxi- nación social, a historia da ciencia, centrándonos na Física e Química, recolle algúns nomes femininos importantes como, por exemplo:  HENRIETTA S. LEAVITT (1868-1921)    Astrónoma norteamericana que estabeleceu unha relación entre a variación periódica do brillo de determinadas estrelas (as chamadas Cefeidas, pois a primeira así considerada é da constelación de Cefeo) e a cantidade total de luz emitida polas mesmas, feito que serviría para determinar a distancia a que se atopan moitas estrelas de nós (no apartado de Eventos, o Día da ciencia en galego, fálase máis desta astrónoma).       Extraído do libro ‘As mulleres nas Matemáticas’, de Matilde Ríos Fachal, Baía Ed., libro recomendado para afondar no tema da muller na ciencia, destacar dous nomes propios:     ANTONIA FERRÍN MOREIRAS (1914- )    Naceu en Ourense e con 27 anos xa rematara as licenciaturas de Química e Farmacia. Colaborou, durante anos, co astrónomo Ramón María Aller (mirar o Día da Ciencia en Galego do 2010) e foi a primeira persoa que se doctoru en Matemáticas pola Universidade de Santiago.     MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS (1927- )    .    DÚAS MATEMÁTICAS GALEGAS    Naceu en Montrove (Oleiros), formando parte da primeira promoción de licenciados en Matemáticas (atá entón Ciencias Exactas) da Universidade Central de Madrid (a actual Complutense). Traballou en varias universidades de USA e Canadá, publicando diversos artigos de alto nivel, principalmente de Álxebra.