SEGUINDO AO PLANETA MARTE       ACTIVIDADE PRÁCTICA FEITA  EN FÍSICA DE 2º DE BACHARELATO  (PERO PERFECTAMENTE APLICÁBEL EN FÍSICA E QUÍMICA DE 4º DA ESO)      OBXECTIVO: PRÁCTICA PARA INICIARSE NO ESTUDO DAS LEIS DE KEPLER E O MOVEMENTO PLANETARIO      DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE: 1) Lembra, o primeiro é preparar o aparello da figura, empregando unha caixa de zapatos ou de galletas...Simplemente se trata de recortar un lateral da caixa e pegarlle un vidro ou plástico transparente; e, na cara oposta, facer un furado que actúe como ocular.  2) Logo, pola noite, e cando as condicións climáticas o permitan, localizar o planeta Marte. Debes consultar en que época do ano é visíbel desde a nosa latitude, pois é moi variábel de ano en ano. P.e., na época en que fixemos, por primeira vez, esta actividade, coincidía de Outubro a Decembro, sobre o horizonte suroeste nas primeiras horas nocturnas; así, pois, imos seguir esta referencia (que pode variar, lembra).   Logo, debemos orientarnos e, situados cara ao horizonte sur, veremos un punto brillante avermellado sobre o horizonte SW (no exemplo suposto). PULSA AQUÍ PARA VER UN MAPA CELESTE SINXELO e ver como orientarse no ceo.  3) Localizado Marte, apunta o aparello cara a el e anota a súa posición na xanela do aparello, así como 3 ou 4 estrelas próximas (non importa que nos saibamos cales son). Non esquezas apuntar a hora e data da observación.  4) Aproximadamente 15 días despois deberemos apuntar o novo aparello na mesma dirección e facer coincidir as marcas das estrelsa de referencia coas mesmas no ceo. Observarás que Marte xa non coincide coa súa marca, movéuse!. Anota, entón, a nova posición do planeta na xanela (e día e hora da observación).  5) Repetindo cada 15 días, máis ou menos, estas anotación, farémonos unha idea de como é a traxectoria de Marte vista desde a Terra. Facendo un seguemento prolongado (varios meses) veremos que describe unha especie de bucle (retrogra- dación) que intentaban explicar os modelos xeocéntricos cunha complicada combinación de circunferencias (epiciclos...) e que Copérnico explicou mellor colocando o Sol no centro do, entón, universo. Poderías explicar porque non é necesario facer as observacións sempre á mesma hora, nen exactamente no mesmo intervalo de días?? Coméntoche: se o planeta estudado fose Venus, necesitaríamos menos días entre dúas observacións pero, se fose Xúpiter, moitos máis días, poderías explica por que?                                                                      Para ampliar detalles e obter algunhas respostas as preguntas propostas podes consultar, na biblioteca, o meu libro ‘Astronomía práctica e outras cousas’, da ed. Toxosoutos.