LIBROS RECOMENDADOS (I) ‘FÍSICA DE LAS NOCHES ESTRELLADAS’. Eduardo Battaner. Tusquets Ed. 1988. ‘CIENCIA O VUDÚ’. Robert L. Park. De bolsillo (Mondadori). Libro xa editado no 1988 (hai novas reedicións) e que mantén toda a súa información e posta en escena moi ao día.                            Vai de astrofísica, relatividade e cosmoloxía, co difícil que pode resultar unha introducción a estes                            temas, pero que o autor resolve, ao meu entender, de forma espléndida; semella a visita dun                            astrónomo a unha pequena vila castelá e, ante a curiosidade que desperta a súa presencia nos                           paisanos desa vila, intenta explicar temas tan complexos como os aquí incluídos de forma sinxela,                           sen recorrer a grandes formalismos matemáticos nen a conceptos moi abstractos. Vai de estrelas,                           como se forman e como 'morren'?, buratos negros, galaxias, o tempo e o espazo na relatividade                           restrinxida de Einstein e moitas outras cuestións de cosmoloxía.  Hai moitos anos que veño                          recomendándoo a alumnos que rematan un curso de física (COU ou 2º de bacharelato) e, ao                          parecer, sempre resultou interesante a súa lectura. Edición de peto dun libro no que o autor presume e, creo que con razón, de estar moi ben documentado.           Máis que pola súa catedra de Física na Universidade de Maryland, polo posto que ten ocupado            como director da oficina da Sociedade Americana de Física en Washington.            Ao longo do libro nótase a súa participación en diferentes debates, xuízos, redacción de informes            e asesorías. Un libro que trata da pseudociencia, da ciencia-lixo, da superstición e como se            aproveitan algúns dela, do uso propagandístico que dos avances científicos fan as autoridades,           dos mitos e o difícil que é abandonalos,....  Así, podemos ler cousas sobre como grandes chascos:           fusión fría, móbil perpetuo, o efecto placebo, a conquista do espacio e o uso, electoral por exemplo,           que dela fixeron algúns presidentes como Bush pai (curiosamente agora novamente resucitada por           Bush fillo), como funcionan os xuízos en USA,  relacionados con temas que involucran á ciencia ou           nos que se necesitan informes científicos (como, p.e., demandas contra tabacaleiras, compañías           eléctricas, etc)... Pódese compartir ou non a visión e os argumentos expostos pero dende logo, o libro está feito con gran lucidez e os temas resultan de especial interese, particularmente para calquera análise sobre a infuencia da ciencia na sociedade actual en xeral.