PROXECTO ERATOSTENES 2013   VOLTAR AO    PRINCIPIO ESPECIAL: PROXECTO ERATOSTENES           2013   6.- Dous apuntes finais: 1.- A Terra non é plana aínda que, ás veces, o pareza!!    Gracias á física e ás matemáticas sabemos que canto maior é o radio dunha circunferencia menor é a súa ‘curvatura’; dito doutra forma, cando viaxamos por unha estrada, unha curva moi pechada presenta un radio pequeno e unha curva moi aberta ten un radio grande.     No caso límite, unha recta podémola ver como unha circunferencia de radio infinito, e iso é o que nos pasa a nós, seres de non máis de 2 m de altura, ao compararnos co radio da Terra (valor obtido nesta experiencia): uns 6.350 km ou 6.350.000 m. Velaí por que, antigamente, puideron pensar que a Terra é plana.     P.e., se facemos baldosas cadradas de 20 cm de lado para colocar no chan facémolas planas e encaixan ben; se fabricásemos baldosas de 1000 km de lado deberíamos facelas con certa curvatura para que encaixaran ben no chan (entón, xa curvo). 2.- En astronomía, non hai un ‘arriba’ e un ‘abaixo’ absolutos.   Á hora de explicar as medidas do proxecto Eratóstenes, a algúns alumnos de 4º da ESO chamoulle a atención que para indicar a nosa posición* respecto ao Ecuador o dato teña valor negativo no hemisferio Norte e positivo no Sur e non do revés.   Obviamente, non hai que esquecer que en cuestión de hemisferios planetarios non existe ‘arriba’ e ‘abaixo’ e, repre- sentar, en mapas ou globos terráqueos o hemisferio Norte enriba e o Sur debaixo responde a cuestións históricas e de convenio, sen máis. E os coordinadores deste proxecto están no hemisferio Sur (en Buenos Aires).   Neste sentido, á dereita vai unha obra do gran pintor uruguaio Joaquín Torres, na que invirte, con respecto á forma conven- cional, o mapa de América do Sur, cun lema suxerente:                      ‘Nuestro norte es el Sur’    Proxecto    2014