PROXECTO ERATÓSTENES 2013 ESPECIAL: PROXECTO ERATOSTENES            A altura do Sol  (h na figura) é o ángulo que forma   a súa liña de visión (e os raios solares co chan.  O Sol acada a máxima altura diaria xusto ao mediodía (hora solar local)  e a sombra que forma  un pau vertical é, pois, a esa hora, a máis curta do día.   Ese é o noso obxectivo: medir a lonxitude do pau   (en astronomía chámase gnomon) e a lonxitude da   sombra  xusto  no mediodía (hora solar local que,   na Coruña vén sendo, estes días, sobre ás 14:27 h   (hora oficial).  A partir deses dous datos podemos calcular:   tanxente(h) = lonx. pau/lonx. sombra Pero, o dato que imos intercambiar cos nosos   compañeiros doutros centros do mundo non é a altura  do Sol (h) senón o ángulo 90º-h.  Tal como podemos   ver na figura, se temos duas medidas (en A e en B)  separadas d km, poderíamos calcular o radio da Terra pois se cumpre que: 2·pi·R/360 = d/(AB-AA) de onde poderemos calcular R se medimos AA e AB e coñecemos a distancia que separa A e B (é dicir, d). Pero,... como sabemos cando é, exactamente, o mediodía no noso instituto?