PROXECTO ERATOSTENES 2014 CONCLUSIÓN       FINAL         ESPECIAL: PROXECTO ERATOSTENES           2014   Os socios deste curso 2014: Foto do antigo ESTADIO de Afrodisias (na actual Anatolia turca);  Eratóstenes mediu as distancias. precisamente, en estadios (F. R.V.).  Algúns resultados parciais:                     Aplicando o mesmo sistema de cálculo do pasado curso,   fixemos os cálculos para este ano 2014 obtendo resultados algo  menos exactos, pero aceptábeis en xeral, agás o que resulta do intercambio de datos cos nosos socios de Asturias, cos que  ademais compartimos o nome do Centro; isto era esperábel e  lóxico, pois ao estar moi cerca (22 km é a diferenza das nosas  respectivas distancias ao Ecuador!!), requeriríamos unha precisión  inalcanzábel na medida dos ángulos das sombras.           Os resultados máis próximos foron: 6366 km de radio (cos  socios de Córdoba (Argentina) e 6380 km de radio (co Observatorio  Astronómico de Montevideo).      Dos varios centos de Centros que participamos este curso (Setembro do 2014) no proxecto, empregamos  para os nosos cálculos os datos compartidos con: Observatorio Astronómico de Montevideo (Uruguay),  Centro Educacional Nosso Mundo (CENOM), de Rio de Janeiro (Brasil), Escuela Ingeniero Renato de Marco,  de Río Cuarto, Córdoba (Argentina), Colegio Jesús María de Córdoba (Argentina), I.E.S. Lucas Martín  Espino, de Icod de los Vinos (Canarias), Escola Secundaria de Loulé (Portugal) e IES Ramón Menéndez  Pidal, de Avilés (Asturias).     VOLTAR AO    PRINCIPIO    Resultados       2013