POR QUE A APRENDIZAXE, E A NON APRENDIZAXE, DA FÍSICA É UN PROBLEMA SOCIAL NESTE PAíS?  (continuación)  Pulsa para continuar Sobre as poucas horas dedicadas ao estudo da Fisica neste sistema educativo  Dedicar poucas horas ao estudo da Física, ou ningunha (como lle ocorre a moit@s alumn@s neste sistema educativo), só leva ao analfabetismo científico. Creo que hai dúas formas de comprender o problema das escasas horas que se dedican ao estudo da Física no ensino secundario no noso país: - Unha desas formas é a que pode notar o profesorado de Física de 2º de bacharelato, se está atento aos problemas con que se atopa o alumnado, cando se encontra con multitude de temas, totalmente novos, non vistos en anteriores cursos. - Outra forma é comparar os horarios de Física (e/ou de Física e Química) cos horarios que lle dedican noutros lugares ou cos que se lle dedicaban aquí hai anos. Aquí imos optar, obviamente, por esta segunda opción: