POR QUE A APRENDIZAXE, E A NON APRENDIZAXE, DA FÍSICA É UN PROBLEMA SOCIAL NESTE PAíS?  (continuación)  Volver ao comezo do BLOG     Ademáis, o tema conecta coa preocupación dalgúns profesor@s universitari@s que me teñen preguntado pola miña opinión sobre o que ocorre no estudo das ciencias no bacharelato. Como o tema é complexo, poliédrico e, obviamente, os feitos son interpretábeis, intentarei ordenar algunhas observacións, por separado, segundo diferentes planos  de aproximación, para permitir, diferentes análises , aínda que, obviamente, penso que todos están interrelacionados.