POR QUE A APRENDIZAXE, E A NON APRENDIZAXE, DA FÍSICA É UN PROBLEMA SOCIAL NESTE PAíS?   Volver ao comezo do BLOG     Neste curso 2014-15, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e unha axencia, de nome Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), comezaron un estudo sobre as causas da falta de vocacións de carreiras científicas e tecnolóxicas entre o alumnado galego’. Efectivamente, é un problema detectado hai anos e, hoxe en día, a súa solución conecta cun dos obxectivos dun programa europeo, o chamado ‘Horizonte 2020’, que inclúe a promoción dos estudos coñecidos como STEM (do inglés Sciences, Technology, Engineering e Mathematics).      Xa no pasado curso 2011-12, o coordinador do grupo de traballo de Física, Manuel García Sánchez, (o grupo que elabora as propostas dos exames de selectividade e programacións, neste caso de Física de 2º de bacharelato), enviaba unha carta comentando: “Aproveito tamén a ocasión para facervos partícipes dunhas reflexións sobre unha situación que comeza a resultar preocupante. Estase detectando un descenso substancial do número de  alumnado que elixe Física en Bacharelato, o que resulta inquietante para o futuro científico do país, e sen dúbida reflicte un descoñecemento da realidade que os estudantes de disciplinas científicas e/ou  enxeñerías se atoparán nos primeiros cursos dos graos da súa elección”.     Quen me coñeza saberá que me entusiasma aprender e axudar  na aprendizaxe, especialmente da Física e doutras ciencias experimentais, e que recomendo, en xeral (agás casos moi concretos ) o estudo das Ciencias e das ciencias físicas en particular (incluídas aquí astronomía, química, etc). Pero, debemos saber que no noso país arrástranse certos déficits históricos na formación científica, particularmnete no ensino preuniversitario e penso que, so sendo conscientes dos prexuízos e/ou inercias sociais (especialmente entre quen planifican os currículos académicos) poderemos superar, tal vez, algún día, esta cuestión de gran importancia social. Pulsa para continuar