Así de brillante e suxerente é o comezo desta xoia da literatura universal que é o libro de Gabriel García Márquez.     Para min foi o estreno como lector de libros de literatura xa que, estando en 1º curso de liceo (como se chama a etapa de secundaria en Uruguay), a profesora de literatura encoméndounos a lectura dos primeiros capítulos de ‘Cien años de soledad’. Con case 14 anos fiquei, entón, ‘enganchado’ a este libro e, co tempo, á obra de García Márquez, e á boa literatura, de forma especial á escrita en América do Sur (aínda que non me esquezo de Cunqueiro!!).     Nestes días, con motivo da morte de García Márquez, seguramente podemos ver moitas referencias a súa obra; non podía deixar de incluír este ‘pequeno agradecemento electrónico’ e a anécdota referida na miña adolescencia. Mais, no contexto deste sitio web, non podo deixar de comentar outra cousa  obxectivábel: no comezo de ‘Cien añós de soledad’ atopámonos, entre moitas outras cousas, coa descripción dun experimento científico (que comeza no final do fragmento aquí incluído e continua no libro pero non se trata de reproducir aquí todo o libro!). As referencias aos imáns, ao coñecemento do xeo (e moitas outras que se poden atopar ao longo do libro) parécenme unha gran demostración de amor pola vida e pola curiosidade. Gracias a Gabriel García Márquez. COMEZANDO COA LITERATURA: ‘CIEN AÑOS DE SOLEDAD’             AGRADECENDO A GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ ‘Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de  recordar aquella tarde remota en que su padre lo llevó a conocer el hielo. Macondo era entonces una aldea de veinte casas de barro y cañabrava construidas a la orilla de un río de augas diáfanas que se  precipitaban por un lecho de piedras pulidas, blancas y enormes como huevos prehistóricos. El mundo era tan reciente, que muchas cosas carecían de nombre, y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo. Todos los años, por el mes de marzo, una familia de gitanos desarrapados plantaba su carpa cerca de la aldea, y con un grande alboroto de pitos y timbales daban a conocer los nuevos inventos.  Primero llevaron el imán. Un gitano corpulento, de barba montaraz y manos de gorrión, que se  presentó con el nombre de Melquíades, hizo una truculenta demostración pública de lo que él mismo  llamaba la octava maravilla de los sabios alquimistas de Macedonia’. Extraído de ‘Cien años de soledad’. Gabriel García Márquez Volver ao comezo do BLOG