O anterior texto é un fragmento extraído do libro ‘COSMOS’, do astrónomo Carl Sagan; é tamén o texto co que comezo a introdución dos meus libros ‘Astronomía práctica e outras cousas’ e ‘Una Luna Azul I. Astronomía’.      Ademáis de diversos libros sobre Astronomía, Sagan deixounos, máis alá do seu traballo profesional, algúns guións de cine e diversos programas de divulgación científica; especialmente recomendo a serie ‘Cosmos’, durante anos despertou e/ou avivou o interese e querencia de millóns de espectadores  televisivos pola observación do Universo.         CUESTIÓN DE GUSTOS, ALGUNHAS OPINIÓNS E CRÍTICAS ‘Os seres humanos estamos ben dotados para comprender o mundo. Sempre o estivemos. Puidemos  cazar animais ou facer lume porque comprendimos algo. Houbo unha época anterior á televisión,  anterior ás películas, anterior aos libros. A maior parte da existencia humana transcurriu nesa época. Sobre cinzas dun lume de campaña, nunha noite sen Lúa, nós contemplamos as estrelas’. Carl Sagan. Cosmos. ++++++ ++++   ++++   ++++    ++++++ - - - - - - - - -  - - - - - -   - - - - - - - Volver ao inicio    do BLOG