Un pouco da miña propia historia...   Nacín, hai xa moitos anos, en Montevideo, (Uruguay)  ‘junto a un río como mar’ (tal como dí unha canción de Jorge Drexler). Son fillo de galegos e, cando  tiña 15 anos (estaba en  secundaria), viñemos  para Galicia.    Na Coruña cursei o bacharelato superior e o COU. Para cando rematei ese curso, no actual IES Salvador de Madáriaga, casi non me chegaban os dedos das mans para contar os Centros de ensino nos que estiven.    Logo, fixen os tres primeiros cursos de Química no antigo Colexio Universitario da Coruña, obtendo, posteriormente, a licenciatura e o doutorado, na especialidade de Química Orgánica, na Universidade de Santiago de Compostela. O título da miña tése doutoral: “Esteroides y endoperóxidos esteroidales en algas y cnidarios de las costas de Galicia”.   Como profesor comecei no Insituto de Bacharelato Concepción Arenal de Ferrol; e logo pasei polo de Barallobre (Fene), polo da Rúa de Valdeorras (onde fun vicedirector un curso), polo IES Isaac Díaz Pardo de Sada (nel fun xefe de estudos e director un ano), polo de Fontexería (Muros), polo IES Manuel Murguía (Arteixo) onde estiven uns cantos anos ata pasar un curso no IES Paseo das Pontes e, por último, recalar no actual, o IES Ramón Menéndez Pidal. Neste tempo, din clases de Fïsica e Química pero, tamén, de Informática, Astronomía (como unha E.A.T.P. que había no anterior B.U.P.), de Tecnoloxía, de TIC, Ciencias Medioambientais e da Saúde, Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Ciencias Naturais, Matemáticas,...     Formei parte do grupo de Astronomía ‘Antares’ e alí aficioneime a mirar o ceo atentamente e a disfrutar desa visión. Son coautor de dous vídeos de Astronomía (’A danza do planeta Terra’ con varios profesores, compañeiros daquel grupo Antares e ‘A mensaxe das estrelas’).     Son autor e/ou coautor de varios libros publicados, entre eles:   Todo vaí (I) (coautor ). Ed. Baía.                                      Astronomía práctica e outras cousas (autor). Ed. Toxosoutos                   Todo vai (III) Funciona!  (autor); Ed. Baía.                      Física e Química, libro texto de 1º de bach (coord. e coautor); Una Luna azul I. Astronomía. Ed. Bubok (autoedición).    Dicionario de Física (coord. e coautor); Ed. Baía.           Dicionario de Química (coordinador e coautor); Universidade da Coruña. Otra Luna azul. Astrofísica y Cosmología; autoedición (en Bubok).           ...como estudante, profesor e algunhas publicacións,... e, máis alá,  algo sobre cuestións de gustos, opinións e críticas.